Wednesday 01 de May de 2024

Os Reis Magos realizarán videochamadas coas crianzas da Pobra que non poidan visitalos de maneira presencial


Ademais da visita dos Reis Magos á localidade no 5 de xaneiro, o Concello da Pobra do Caramiñal formula para esa mesma xornada videochamadas con Melchor, Gaspar e Baltasar, elixindo cada crianza con cal deles quere falar. Dáselle continuidade a este formato que, para este 2022, se dirixe unicamente a aqueles nenos e nenas que se atopan confinados como consecuencia da COVID-19 ou que non poden efectua-la visita presencial co obxectivo de que desfruten igualmente desa data tan especial e non queden sen a oportunidade de ver ás súas maxestades os Reis do Oriente.

Estes encontros online transcorrerán en horario de 11.00 a 13.00 horas e resulta preciso rexistrarse a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWZw0oqHK-6Ilw_4vh7g8YrDbJCXq9gWpGhpg260BvnY_etQ/viewform.